T&C. CONDICIÓNS DE CONTRATACIÓN

As condicións de contratación refírense á reserva de alugueiro e a compra de actividades.

Estas condicións regulan a relación entre o usuario ou participante, isto é, ti, e a entidade GALICIA CANTIDADE XXI, SL que presta os servizos.

O usuario contrata o alugueiro de material deportivo e/ou a actividade para unha data e hora determinadas.

Só en caso de contratación de roteiro guiado ou acompañado, expresamente indicado como tal, os clientes serán acompañados por un monitor.

A indicación “roteiro” é unha proposta de itinerario e non implica que a mesma está asistida por un monitor e/ou guía.

Compra e reservas:

Por escrito. A través da web, do email ou do teléfono publicado na web.

As reservas realízanse para un día e hora determinado.

En todo caso, a reserva en caso de non ser confirmada automaticamente, mantense por un prazo de horas máximo (indicado en cada comunicación escrita) para realizar o pago total da mesma.

Unha reserva non está confirmada en firme ata a confirmación e recepción da totalidade do pago por parte de Galicia Cantidade.

A compra dun bono regalo é válido polo período máximo, indicado na cláusulas particulares, isto é, na información da venda. En caso de non indicarse, o prazo é de 6 meses desde a compra.

Coa compra / participación en cada unha das nosas actividades (excepto a visita á adega) inclúese un desconto do 5% nun produto Adega Buezas. O desconto é válido para 1 compra nos 15 días seguintes á compra ou participación na actividade.

Prezos:

O prezo de cada actividade é o publicado. En todo caso, na web.

O prezo indicado ten o IVE incluído.

O prezo indícase por persoa.

En caso de alugueiro de kaiaks, o prezo total a pagar mínimo é por 2 persoas, aínda que o uso sexa individual.

En caso de uso por un número maior de participantes, deben pagar a cantidade indicada no momento da súa autorización, en todo caso, o prezo establecido por persoa.

A modo de exemplo, 3 en lugar de 2 usuarios no kaiak, e 2 en lugar de 1 usuario na táboa de pádel.

O participante expresamente acepta que

Obrigacións

O participante obrígase a:

  • cumprir estritamente coas indicacións facilitadas pola entidade GALICIA CANTIDADE, ben directamente a través do seu persoal, ben a través de terceiros colaboradores.
  • a utilizar o equipo de seguridade facilitado.
  • non ceder o uso do material a un terceiro.
  • usar coa dilixencia debida o material
  • pagar os danos ocasionados ao material por un uso inadecuado así como os danos causados a terceiros.
  • non acceder á Illa de Tambo.
  • Non tirar lixo
  • Non recoller nin pedras, nin area, nin flora, nin fauna

Miscelánea

O usuario/participante declara/manifesta que só participará nas actividades do medio acuático, se sabe nadar.

GALICIA CANTIDADE non se responsabiliza do alugueiro de material e participación nos roteiros propostos en caso de participantes que non saiban nadar.

O alugueiro do material é para o número de persoas indicadas na reserva. En caso de querer ser utilizado por un número superior ao indicado, terán que solicitar autorización e pagar a correspondente tarifa, para o material e a formación en seguridade.

Cancelación e aprazamento

A reserva realizada para unha data e hora determinada, non pode ser obxecto de cancelación por parte do cliente, conforme á normativa vixente. Isto é, en caso de cancelación por parte do cliente, este non ten dereito ao reembolso.

O alugueiro ou as actividades acuáticas só poden ser obxecto de cancelación no caso de que o uso do material, polas condicións meteorolóxicas (producidas polo vento ou o mar), ao só criterio do técnico especialista en deportes de Galicia Cantidade, entrañe un perigo real para a seguridade das persoas. O técnico especialista en deportes de Galicia Cantidade, en tal caso, substituirá a actividade por outra, mesmo nun medio diferente, ou aprazará a actividade.

O participante recoñece e acepta expresamente que en caso de condicións meteorolóxicas adversas (producidas polo vento ou o mar), e que a único criterio do técnico especialista de Galicia Cantidade, a actividade pode cancelarse e substituírse por outra que non entrañe risco, mesmo nun medio diferente, ou, de forma secundaria, aprazarse para unha data posterior.

O usuario/participante recoñece que o mero feito de choiva e/ou vento, non é motivo de cancelación da actividade/alugueiro.

En caso de aprazamento, ao non ser posible por parte de Galicia Cantidade a substitución por outra actividade, a actividade poderá realizarse nun prazo máximo de 15 días naturais, dentro da dispoñibilidade que poida ofrecer Galicia Cantidade.

Posibles actividades sustitutivas:

  • Snorkel
  • Marisqueo
  • Bici
  • Visita á adega

Así mesmo, GALICIA CANTIDADE pode cancelar unha reserva se os participantes non están en disposición de realizala en condicións de seguridade. A modo enunciativo, parte dos usuarios atópense en situación de embriaguez. Neste caso, non se dá o suposto de aprazamento indicado no suposto anterior.

En caso de cancelación por parte de Galicia Cantidade, por causa diferente aos anteriores, non está obrigada ao pago de ningunha indemnización nin compensación. En todo caso, ofrecerá á persoa participante un bono de importe igual ao pago para o seu uso nun prazo de 6 meses desde a data de cancelación, nas datas dispoñibles por Galicia Cantidade.