Snorkeling

O snorkeling é a solución adecuada para todos os que se preguntan qué se esconde baixo as augas do Atlántico. Con esta actividade será posible descubrir os segredos do océano gardados nos primeiros metros da súa profundidade.

Coñecer os organismos mariños e observar o seu comportamento axudaranos a comprender máis o noso territorio. A costa das Rías Baixas é un lugar moi adecuado para desfrutar do buceo en superficie e poder observar peixes, cangrexos, estrelas de mar, etc.

Qué inclúe?

  • Máscara de snorkel e tubo
  • Neopreno superior. 
  • Aletas 
  • Proposta de zoa para snorkel. 
  • Tracking  
  • Puntos de interese: explicación sobre os recursos da zoa e da historia local. 
  • Formación técnica sobre uso e seguridade por persoal técnico especialista  en deportes.
  • 5% de desconto en productos de adegabuezas.com

A máscara permite unha mellor visualización, é máis doado de respirar e protéxenos toda a cara, tanto da temperatura da auga como do tacto doutros elementos. 

Precios.

  • Saída Praia das Canteiras: 2 horas: 25 euros.  1 hora aprox. de inmersión. 
  • Saída Pampaído/Area dagre: 3 horas: 30 euros 

Podemos achegar/trasladar o material. Precio traslado: consultar.

O tempo indicado é o tempo máximo desde a entrega no local/punto de encontro ata a devolución.

Suxerencia: combínao con kayak ou paddle surf e despois reláxate desfrutando dunha cata na Adega.

Contáctanos para reservar:

    Tamén dispoñibles por correo electrónico en experiencias@galiciacantidade.com e por teléfono (chamadas ou Whatsapp): 623.452.268