Bici

Perderse entre os viñedos, desfrutar da vista de magníficos miradores ou ir en busca do patrimonio cultural do territorio. As opcións son moi diversas, pero todas elas teñen en común dar a oportunidad de desfrutar das Rías Baixas dun modo sostible. Perderse polos sendeiros e camiños das diferentes localidades axuda a descubrir a historia e a tradición dos lugares.

Dispoñemos de bicis eléctricas que che darán unha man cando te sintas cansado de pedalear. Desfruta dun momento de desconexión rodeado dun paisaxe verde e deixa que o tempo pase sen que te decates.

Aluga a túa bici, nós podemos propoñerche algunhas rutas para desfrutar dunha maravillosa experiencia nas Rías Baixas. Darémosche unha breve explicación da zona e da súa historia. Co aluguer incluimos unha explicación sobre o funcionamento da bici e as medidas de seguridade a poñer en marcha.

Qué inclúe?

  • Bici eléctrica
  • Casco
  • Candado
  • Soporte para móvil
  • Proposta de rutas. 
  • Tracking  
  • Puntos de interese: explicación sobre os recursos da zoa e da historia local. 
  • Formación técnica sobre uso e seguridade por persoal técnico especialista  en deportes.
  • 5% de desconto en productos de adegabuezas.com

Precios.

Bici eléctrica: 

  • 2 horas. 29 euros
  • 3 horas:  40 euros

Bici sen asistencia:

  • 4 horas: 30 euros
  • 8 horas: 45 euros

O tempo indicado é o tempo máximo desde a entrega no local/punto de encontro ata a devolución.

Suxerencia: reláxate desfrutando dunha cata na Adega tras a túa ruta en bici.

Lémbrate de levar.

  • Roupa e calzado adecuados 
  • Gorro.
  • Gafas de sol.
  • Crema solar.
  • Auga.

Contáctanos para reservar:

    Tamén dispoñibles por correo electrónico en experiencias@galiciacantidade.com e por teléfono (chamadas ou Whatsapp): 623.452.268

    Rutas guiadas en bici.

    Tamén dispoñemos de rutas guiadas. Consultar eventos próximos.