O marisqueo forma parte da cultura das Rías Baixas. Coñecer este oficio a través do turismo mariñeiro permite entrar en contacto con profesionais do mar e descubrir todo o proceso que vai desde a sembra ata o consumo humano. Un excelente xeito de sumerxirse na cultura e tradición deste territorio e de aprender sobre o marisco que despois encherá as nosas táboas.
Acompaña a unha mariscadora no seu traballo, rastrilla e recolle vivalbos. O marisco recollido quédase na cuota das mariscadoras e seguirán todo o proceso de depuración.
Duración: 75 minutos
Reserva a túa plaza e marisquea nas Rías Baixas xunto con un profesional que che ensinará os segredos do seu oficio.
Qué inclúe?
Acompaña a un profesional do marisqueo durante as súas horas de traballo. Ensinarache cada fase do proceso e explicarache todo o que precises saber sobre o seu oficio ou sobre as distintas fases do proceso que van desde a sembra ata o consumo humano. Sumérxete na tradición e na cultura do mar da man dos que mellor o coñecen.
5% de desconto en productos de adegabuezas.com
Precios.
Consultar precios escribindo a experiencias@galiciacantidade.com
Suxerencia: Despois de marisquear con verdadeiros profesionais, reláxate desfrutando dunha cata na Adega.
Lémbrate de levar.
- Calzado adecuado para actividade (resistente á auga ou que se poida mollar)
- Roupa para mudarse despois da actividade
- Protección solar
- Gorro ou visera
- Gafas de sol
- Auga
Contáctanos para reservar:
Tamén dispoñibles por correo electrónico en experiencias@galiciacantidade.com e por teléfono (chamadas ou Whatsapp): 623.452.268