- Kayak. Propoñemos rutas en kayak para descubrir as Rías Baixas dun modo respetuoso coa natureza. Praias paradisíacas de area branca e augas cristalinas. Ábrete paso sobre as augas do Atlántico para desfrutar dun paraíso que moitos descoñecen.
- Snorkeling. O snorkeling é a solución adecuada para todos os que se preguntan qué se esconde baixo as augas do Atlántico. Con esta actividade será posible descubrir os segredos do océano gardados nos primeiros metros da súa profundidade. Coñecer os organismos mariños e observar o seu comportamento axudaranos a comprender máis o noso territorio. A costa das Rías Baixas é un lugar moi adecuado para desfrutar do buceo en superficie e poder observar peixes, cangrexos, estrelas de mar, etc.
- Bici. Perderse entre os viñedos, desfrutar da vista de magníficos miradores ou ir en busca do patrimonio cultural do territorio. As opcións son moi diversas, pero todas elas teñen en común dar a oportunidad de desfrutar das Rías Baixas dun modo sostible. Perderse polos sendeiros e camiños das diferentes localidades axuda a descubrir a historia e a tradición dos lugares. Dispoñemos de bicis eléctricas que che darán unha man cando te sintas cansado de pedalear. Desfruta dun momento de desconexión rodeado dun paisaxe verde e deixa que o tempo pase sen que te decates. Aluga a túa bici, nós podemos propoñerche algunhas rutas para desfrutar dunha maravillosa experiencia nas Rías Baixas. Darémosche unha breve explicación da zona e da súa historia. Co aluguer incluimos unha explicación sobre o funcionamento da bici e as medidas de seguridade a poñer en marcha.
PRECIOS. Consultar.
Contáctanos para reservar
Tamén dispoñibles por correo electrónico en experiencias@galiciacantidade.com e por teléfono (chamadas ou Whatsapp): 623.452.268