Os segredos da Illa de Tambo.

Pese a ser unha descoñecida para moitos, a Illa de Tambo é unha das illas con máis historia da Ría de Pontevedra. Tanto é así que as primeiras pegadas da vida humana na Illa remóntannos á Idade de Ferro, época á cal hai constancia que pertenza o castro situado na súa cota máis alta. Situada entre Combarro e Marín, este recuncho de terra rodeado de mar non alcanza as 28 hectáreas e mantívose illada durante moitísimos anos. O motivo: o seu uso militar que impedía achegarse a menos de 200m ata fai ben pouco.

Sen embargo, este non foi o único momento da historia no que a illa gozou de serenidade e tranquilidade. Foi de feito lugar de retiro que permitía a vida ermitaña e monacal dos monxes benedictinos desde finais do século XIII a inicios do XVI. Así nolo constatan parte da capela dedicada a Santa María de Gracia e a fonte que aínda a día de hoxe se conservan. E parece ser que a súa vinculación relixiosa vén incluso desde máis atrás, coa fundación dunha ermita polo Bispo de Braga San Martín Dumiense e da cal non quedan restos ao construirse sobre ela posteriormente o mosteiro benedictino.

Os kayaks de Galicia Cantidade realizando a ruta Volta á Illa de Tambo.

Tras uns anos de pouca actividade na illa, no 1865 construiuse un lazareto. A causa principal foi a auxe do porto de Marín. Deste xeito, moitos mariñeiros contaxiados ou dos que se sospeitaba que padecesen algunha enfermidade contaxiosa dirixíanse a Tambo, lugar onde realizaban cuarentena. Sen embargo, isto non foi ben aceptado polos veciños e debido ás protestas realizadas, menos de 15 anos despois, o lazareto de Tambo cerrou, trasladándose á Illa de San Simón na ría de Vigo.

Co pasar dos anos, a Illa pasou a ser propiedade privada e tivo diversos usos: criadeiro de ostras, un proxecto fallido de cárcere militar,etc. A propiedade foise sucedendo ata chegar a inicios do século XX aos políticos Eugenio Montero Ríos e Valentín García Escudero e posteriormente, ao Estado. Durante esta época cabe destacar a construcción do Faro de Tenlo Chico, que terminou no 1955.

Foi coa apertura da Escola Naval Militar no 1943 que a illa pasou a ser de uso militar e campo de maniobras da Armada Española e así permaneceu ata o 2002, momento que volveu a facer parte do Concello de Poio aínda que a administración segue a cargo do exército. O traspaso para a Xunta está paralizado dende faianos pero dende o 2018, a Escola Naval permite visitas guiadas organizadas con guías oficiais en algunhas épocas do ano. Estas visitas lévaas a cabo a asociación Irmandade Illa de Tambo.

Un xeito especial de coñecela é a Volta á Illa de Tambo en kayak que ofrecemos en Galicia Cantidade. Apúntaste?

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará