Chegou a época da vendimia.

O municipio de Sanxenxo é coñecido entre outros motivos polo seu magnífico albariño. Non podedes visitar a zona sen deixarvos deleitar por este tesouro dourado que tan arraigado está na tradición do territorio.

Como cada ano, a chegada do outono trae consigo a vendimia. Na zona de Sanxenxo tradicionalmente víñase realizando a inicios de outubro ou finais de setembro, pero as consecuencias do cambio climático fanse notar e a vendimia vaise adiantando progresivamente, realizándose incluso a principios de setembro nos últimos anos. Incríble como os nosos actos inflúen na natureza… Poderíamos abrir un gran debate ao respecto, pero queremos empregar as nosas enerxías en proporvos actividades e productos sostibles e respetuosos coa natureza. Este é o noso pequeno gran de area.

Durante este mes, as adegas da zona prepáranse para este traballo que consiste na recolección da uva para a posterior elaboración do viño. É un momento moi especial do ano e moi significativa dentro de todo o proceso.

A selección da data da vendimia non é algo deixado en mans da casualidade. O preaviso pode ser de tan só uns días e isto débese a que a data dependerá de varios aspectos que non dependen de nós humanos, senon que dependen da natureza. O tempo que fixo durante o ano e que fai durante o mesmo mes de setembro así como as características da uva son fundamentais. De feito, é necesario facer un seguimento continuo da uva para poder fixar a data segundo o resultado que se queira obter no viño. Nestes controis, o enólogo valorará os niveis de acidez e azucre da uva.

A vendimia comeza coa recolleita da uva que se pode realizar de maneira manual ou mecánica. Unha vez recollida, realizase a pesaxe e despois, dentro da adega procédese ao despalillado, é dicir, a separar o racimo das follas.

Para continuar realízase o estruxado, un dos momentos máis determinantes do proceso. Consiste en aplastar as uvas dun xeito suave para extraer o mosto. Se ben, antigamente este proceso se realizaba pisando as uvas, hoxe en día este proceso está mecanizado na maior parte das adegas. Posteriormente, pásase a pasta obtida aos depósitos donde comezará a fermentación.

Un lugar ideal para coñecer este proceso é Adega Buezas, unha adega situada en Nantes (Sanxenxo) e con unha gran tradición. En Galicia Cantidade ofrecémosvos a oportunidade de contratar unha visita guiada e unha cata do seu viño Peón & Rei acompañado de conservas locais. Unha actividade perfecta para os amantes do viño, das tradicións e dos productos de calidade galegos. Esperámosvos!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará