A Lanzada, o emporio galego

A Lanzada é un lugar máxico. Coñecida pola praia, escenario da lenda das 9 ondas en realidade agocha moitos segredos e grandes pezas da historia galega. Nela atopase tamén unha capela e ao seu carón un castro, descoñecido por moitos e que co pasar do tempo se descubreu que foi máis grande do que se pensaba. Trátase dun lugar con unha longa historia xa que foi habitado entre o 1000 a.C e o 800 d.C.

Sábese que a poboación inicialmente vivía na zona da costa, pero co pasar dos séculos e as sucesivas invasións producidas sobre todo na Idade Media por parte de normandos e sarracenos, comezou a desprazarse cara o interior, por onde hoxe está a Igrexa de Noalla.

O Castro da Lanzada cóntanos a historia de boa parte de Galicia durante máis de XV séculos. Houbo varias excavacións e a través delas coñeceuse a importancia que tiñan as persoas que alí vivían.

Durante o século IX, para defender o castro das invasións, co bispo Sisnando (formaba parte do arzobispado de Santiago), construeuse un sistema defensivo de torres. Construeuse a torre da Lanzada, a de San Saturniño en Cambados, a de Calengo en Vilanova e as torres do oeste. Para comunicarse entre sí, facíase uso do fume de fogueiras. Entre as torres situadas entre Catoira e Padrón mantivose este mesmo método comunicativo mentras que entre as torres de Padrón hacia o norte se comunicaban con badaladas.

A torre da Lanzada, construida entre os séculos IX e X, é ademais o último reducto Irmandiño, é decir, é na Lanzada onde tivo lugar a última revolta dos Irmandiños, algo do que falaremos en outros posts.

Incrible como nun sitio tan pequeno se encontra a Capela da Lanzada o castro e a última torre na que houbo unha revolta Irmandiña, ademais de ser o escenario de unha gran variedade de lendas.

Ven a visitar este lugar tan especial e desfruta das actividades de Galicia Cantidade! Esperámoste.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará