Qué facer en Sanxenxo e arredores un día de chuvia

Achégase a fin do verán, pero non por isto se acaban as aventuras. Galicia en xeral e Sanxenxo en particular son destinos moi recomendables durante todo o ano xa que agochan magníficos segredos a través dos cales desfrutar en cada estación. A nós a chuvia non nos para e queremos que desfrutedes da nosa terra aínda que o tempo “non acompañe”. Estades faltos de inspiración? Non vos preocupedes, deixámosvos algunha suxerencia para desfrutar de Sanxenxo cando chove.

Unha cata de viño en Adega Buezas.

Estamos na terra do Albariño, polo que unha visita á adega é imprescindible.

En Adega Buezas tradición e innovación danse a man para dar lugar a un verdadeiro tesouro dourado. A través dunha visita guiada poderás coñecer o proceso de elaboración do viño, o cal te acercará a coñecer máis a tradición da zona. Ademáis disto, a visita finaliza coa degustación dos seus viños con un petisco de conservas locais.

Páxina web: https://www.adegabuezas.com/

Visitar o Mosteiro de Armenteira.

Os primeiros datos deste mosteiro remóntanse ao século XII. Pertencente á Orde Cisterciense, sempre foi un mosteiro modesto e cunha comunidade pouco numerosa. Aínda así, non sería ata o século XV cando entrou en decadencia

Na década dos sesenta do pasado século, D. Carlos Valle-Inclán, fillo do escritor, visita o mosteiro xa que este era o escenario que inspirou a obra “Aromas de Leyenda” de seu pai. Ante a decadencia do lugar, funda a asociación “Amigos de Armenteira” que consigue levar a cabo gran parte da sua reconstrucción.

Actualmente, no Monasterio habitan unha comunidade de monxas da mesma Orde.

Páxina web: https://www.monasteriodearmenteira.es/

Unha xornada de relax e spa.

Un momento de desconexión e agarimos a un mesmo pode ser unha gran carga de enerxía. As augas medicinais da Toxa fixeron que nos séculos pasados veciños e turistas se achegaran na busca dunha sanación. Hoxe, nas instalación do Hotel Isla de la Toja é posible desfrutar de magníficas instalacións deseñadas para o relax, o benestar e a saúde, gracias ás propiedades das augas da illa.

Páxina web: https://www.eurostarshotels.com/eurostars-isla-de-la-toja.html

Desfrutar da gastronomía local.

O peixe e o marisco son os reis das mesas en Sanxenxo. Por isto, na amplia oferta de restauración do municipio teredes a oportunidade de descubrir unha grande variedade de platos e receitas tradicionais con estes productos.

E por que non? Realizar algunha das actividades deportivas de Galicia Cantidade!! A chuvia e os nuboeiros non sempre deben pararnos! Coa correcta equipación e levando a cabo as medidas de seguridade para a práctica da concreta actividade, a diversión pode estar asegurada. Esperámoste!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará