A Ruta do Padre Sarmiento

A Ruta do Padre Sarmiento é unha variante do Camiño Portugués que percorre o Salnés. Na metade do século XVIII, o Padre Sarmiento, un monxe de orixes galegos, volveu de Madrid a Galicia para realizar esta ruta que documentou na obra Viaje a Galicia, motivo polo cal esta ruta se bautizou co seu mesmo nome. Os 190 km da ruta desenvólvese pola costa entre as rías de Pontevedra e Arousa, pasando polos municipios de Pontevedra, Poio, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Cambados, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa e Vilagarcía e permite desfrutar de espectaculares praias, pazos, mosteiros e outros monumentos relixiosos, fermosas vilas mariñeiras, etc.

Pontevedra – Sanxenxo (22,3km).

A ruta comeza na cidade de Pontevedra, concretamente na ponte do Burgo, dende onde nos diriximos a Poio e onde será posible desfrutar do Mosteiro de San Xoán de Poio.

Continuando a ruta, chégase ao fermoso pobo de Combarro, característico polos hórreos á beira do mar, os cruceiros e as casas mariñeiras.

A ruta continúa por Chancelas, Punta Samieira, Raxó e Xiorto. Tamén será posible desfrutar de maravillosas vistas da ría desde o mirador de A Granxa e da praia de Areas. Para seguir, o casco urbano de Sanxenxo e a praia de Silgar.

Sanxenxo – O Grove (14.3 km)

Dende Sanxenxo, a ruta diríxenos ata Portonovo. Continúa á beira da costa permitíndonos desfrutar de distintas praias ata chegar a Moltalvo, un areal cun sistema dunar. Segue ata Noalla dende onde se pode ver a Illa de Ons. Seguindo a ruta, gozaremos de magníficos panoramas ata chegar á Lanzada, lugar cheo de lendas e rituais dos que xa falamos en posts anteriores.

O Grove (18 km)

A ruta continúa rodeando a península do Grove donde será posible desfrutar de areais con sistemas dunares ata San Vicente do Mar. A partir de aquí, continúa por un tramo de costa rochosa dende onde se poderá ver as Illas de Ons e Sálvora.

Este recorrido lévanos tamén ao centro do Grove e á Illa da Toxa onde se atopa un importante centro termal e onde dende a cima máis alta coñecida como cima do Siradella, é posible desfrutar de outra suxestiva panorámica.

Illa da Toxa – Cambados (19 km)

A ruta atravesa o complexo intermareal Umia – O Grove, declarado Zona Húmeda de Importancia Internacional ao repersentar un ecosistema con unha gran diversidade de aves.

Pasa tamén por Cambados, unha vila con un centro histórico declarado Ben de Interés Cultural, e donde poderemos coñecer as ruinas de Santa Mariña de Dozo ou o Pazo de Fefiñáns (s.XVI) situado na saída da vila.

Cambados – Illa de Arousa (17 km)

Outra parada na ruta é o Museo Muíño de Mareas da Seca. Dende aí adentrámonos na Illa de Arousa despois de percorrer un ponte de casi 2 km. É considerada unha Reserva Natural e o seu Parque de O Carreirón é unha Zona de Especial Protección para as Aves.

Totalmente recomendables as vistas dende o punto máis alto da illa, onde se atopa o Mirador O Con do Forno.

Illa de Arousa – Vilagarcía de Arousa (17 km)

A ruta pasa tamén por Vilanova de Arousa onde poderemos desfrutar do Pazo de Baión e a Ponte Arnelas que data do século XVI.

O percorrido continúa despois ata a veciña Vilanova de Arousa donde é posible visitar a casa museo de Ramón María del Valle-Inclán. Moi recomentdable tamén visitar o pazo de Vista Alegre e o seu convento, declarados Monumentos Histórico-Artístico Nacionais.

Tamén pasaremos por Carril, famosa polas súas ameixas. Durante este tramo poderemos ver a Illa de Cortegada que alberga un dos bosques de laurel máis importantes de Europa.

Vilagarcía de Arousa – Pontecesures (20 km)

Seguindo o camiño, poderemos tamén descubrir os petroglifos dos Ballotes e Meadelo e posteriormente, continuamos a ruta ao longo dunha zona de marismas ata chegar a Catoira onde atopamos as torres do Oeste das que tamén falamos nun dos post da Lanzada e nas que expricamos á súa función.

Dende Catoira dirixíonos a Pontecesures e xusto na fronteira das provincias de Pontevedra e A Coruña, conflúe co Camiño Portugués que chega ata Santiago.

Durante todo este percorrido, será posible desfrutar da historia do Salnés, dende a prehistoria ata a actualidade, coñecer os privilexiados escenarios naturais da zona, a hospitalidade da súa xente, a riqueza da súa cultura, da súa gastronomía e a súa importante tradición enolóxica. As motivacións de quen realiza esta ruta poden ser moi diversas, pero do que estamos seguros, é que todos se poderán namorar deste recuncho de Galicia.

Fuentes:

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará