A lenda das 9 ondas da Lanzada

A praia da Lanzada ademais de pola súa beleza, é coñecida posiblemente pola lenda das 9 ondas.

Esta lenda conta que cando unha muller recibía no seu ventre o bater de nove ondas seguidas na praia da Lanzada, quedaría embarazada máis fácilmente solucionándose posibles problemas de infertilidade. Crese que isto o debe realizar na compañía da súa parella e debería levar roupa clara e ventre espido.

As datas nas que realizar o ritual son o 21 de xuño, o 23 de xuño (a noite de San Xoan) e a noite do último fin de semana de agosto, momento no cal se fai a romaría da Virxe da Lanzada, ás 12 da noite.

Este poder venlle atribuido posiblemente pola súa características forma de cuncha e a auga penetrando na area, o cal representa a fecundación e posiblemente teña orixes paganas, pero co tempo vinculouse tamén a creenzas relixiosas. De feito, o ritual debe continuar na Capela da Lanzada á mañá seguinte. Un pouco máis adiante da capela hai unha rocha coñecida como “a cama da Santa” donde a muller se ten que deitar ou sentar.

Coñecías esta lenda? Agora xa sabes un pouco máis desta praia. Próximamente contarémosche máis sobre a súa historia noutro post. Mentras tanto, achegámonos ata A Lanzada a relaxarnos á beira do mar ou a realizar algunha das actividades de Galicia Cantidade? Esperámoste!

Foto de Lorena Otero Portela

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará