A historia do paddle surf.

Algunha vez te preguntaches se o paddle surf ten un vínculo directo co surf? Por qué motivo xurdiu? Pois neste post atoparás todas as respostas!

A orixe do paddle surf podería atoparse en antigas civilizacións, xa que o poderían ter practicado no antigo Exipto fai máis de 3000 anos ou en Perú na época Precolombina e existen teorías sobre a súa orixe nos pobos polinesios. Sen embargo, nestes casos seguramente se utilizara como parte dunha técnica de pesca ou de transporte máis que como unha actividade deportiva e lúdica.

A día de hoxe, atribuimos a orie do paddle surf a Hawai, e sendo máis precisos incluso, á praia de Waikiki nos anos 60 do pasado século. Durante este período, os instructores de surf utilizaban remos de canoa para dirixir a grupos de alumnos ou turistas a determinados puntos e para tomar fotografías. Ademáis, o feito de permanecer erguidos encima da táboa ofrecíalles uha visibilidad moito maior, o cal lles permitía advertir aos alumnos da chegada das ondas.

Co paso do tempo, esta práctica deixou de ser parte da actividade exclusiva dos instructores. Os remos de canoas adaptáronse facéndoos máis lungos para esta actividade e moitos surfistas comezaron a practicar o remo sobre a táboa como parte do seu entrenamento físico, ata dar lugar ao paddle surf, a actividade tan en boga nos últimos anos.

Esperabas esta orixe tan casual? Pois agora é o momento de probar esta actividade que enamorou aos surfistas dos anos 60 en Hawai. Esperámoste en Galicia Cantidade!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará