Achéganse eses tres días libres que tanto esperabas e segues sen plan.

Necesitas un pouco de inspiración? Propoñémosvos un momento de desconexión nas Rías Baixas, concretamente en Sanxenxo e para non deixar nin un cabo solto, presentámosvos un roteiro de 3 días para desubrir un paraíso na Terra. Probade a combinar este itinerario con algunha das nosas actividades para vivir unha experiencia inesquecible.

Día 1:

Tras a vosa chegada convidámosvos a visitar o castro e a ermita da Lanzada, máis coñecida polo rito da fertilidade das “9 ondas” que por ser un emporio durante máis de 1.000 anos. Podedes aproveitar para desfrutar do areal e ondas de Foxos ou percorrer os case 2 km da praia virxe da Lanzada. Tamén vos recomendamos visitar A Siradella, un monte alto desde o que se divisa a Ría de Arousa, as salinas, as Illas Ons, Cíes e Sálvora, e onde O Meco apareceu ajusticiado polo pobo ao estilo Fuenteovejuna. Isto, tamén noutro post.

Un broche de ouro para este primeiro día é tomar un viño ou cear no chiringuito Con Negro ou nun dos merendeiros da zona da Lanzada (Cova ou Arrozaría A Lanzada) mentres se desfruta dun atardecer.

Durante a noite, unha copa no chiringuito Pé na Praia (na mesma Praia da Lanzada) ou na Cova (enfronte).

Día 2:

Propoñémosvos comezar o día cun roteiro en kaiak pola Ría de Pontevedra, e facer a Volta á Illa de Tambo, e mesmo combinalo con snorkel. En Galicia Cantidade ademais do material podemos ofrecervos magníficas ideas de roteiros e guiarvos para desfrutar dos lugares con máis encanto da Ría.

Tras unha mañá de deporte, necesitaredes repoñer enerxías. Para iso, recomendámosvos comer en Combarro. Dúas óptimas opcións son Peirao de Rial ou O Bocoi.


Combarro deixaravos sen palabras e animámosvos a perdervos polas súas rúas. Para terminar a tarde, un pouco de relax (ou actividade, á vosa elección) na Praia de Areas . Para cear recomendámosvos O Minero, A casa Pequena ou Ou Recuncho dos Barcos.

Día 3:

Para que o día empece da mellor maneira, nada como un roteiro en bicicleta por Chan da Gorita, entre os viñedos de Sanxenxo ou polo Paseo Marítimo de Silgar.

Para coñecer o rural galego, é imprescindible unha visita a unha adega. Propoñémosvos Adega Buezas, unha adega con gran tradición familiar situada a 5 minutos do centro de Sanxenxo onde poderedes facer tamén unha cata do seu viño Peón & Rei.

Para comer? Ollares da Ría, a tan só 2 minutos da adega.

Para pasar a tarde poderedes gozar das magníficas praias de Canelas ou Pragueira.

Xa tedes a equipaxe lista? Esperámosvos en Galicia Cantidade. Desfruta da experiencia.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará